Saturday 04 de May de 2024

A iniciativa da Xunta “Mercar no teu comercio ten premio” dinamiza os negocios de Arteixo


O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu hoxe ao sorteo de premios da campaña impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio da Coruña e o centro comercial aberto da localidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Arteixo no sorteo de premios da campaña Mercar no teu comercio ten premio, unha iniciativa de dinamización impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio da Coruña e o centro comercial aberto da localidade.

A campaña repartiu en total 1.000€ en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade entre os clientes que mercaron en establecementos de Arteixo desde o pasado 8 de setembro e cambiaron os seus tíckets de compra por boletos de participación.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade a iniciativa, que comezou o pasado mes de xullo, chegará ata novembro a un total de 35 localidades galegas, sete delas na provincia da Coruña.